�� A educacion ambiental acredita unha ampla e diversificada traxectoria de discursos e de practicas altamente suxerentes para a investigacion educativa, en que –a pesar dos logros que se acadaron– ainda constitue unha lina de traballo emerxente. Neste sentido, con argumentos que afonden as suas raices na crise ecoloxica, a complexidade dos saberes ambientais e a procura de alternativas pedagoxicas aos graves problemas que nos afectan como sociedade e como civilizacion, o seu quefacer investigador –na confluencia que articulan as Ciencias da Educacion e as Ciencias Ambientais, coas suas respectivas comunidades cientificas– non deixan de situarnos ante temas, estratexias e metodos caracterizados por unha constante apertura epistemoloxica, conceptual e empirica. Non so polas mudanzas que se foron experimentado nos modos de ler e interpretar as relacions educacion-ambiente, que hoxe complican as controversias que existen entre a educacion ambiental e a educacion para o desenvolvemento sustentable; tamen polos significados cientificos, academicos e ate ideoloxicos que estas relacions comportan para as persoas e os procesos de cambio social. Neste tema centramos a atencion deste artigo.
Kelys Patricia Gaviria – Paredes
Kelys Patricia Gaviria – Paredes